sábado, 17 de noviembre de 2012

ATL. CUNTIS vs ALONDRAS "B"

Hoxe ás 11:30 disputouse o partido entre o ATL. CUNTIS e o ALONDRAS "B", que se atopaba na segunda posición da táboa. O partido xogouse nun campo de terra, en Godos, e o Cuntis conseguiu impoñerse ao Alondras "B" por un abultado 4-0, con tres goles de Alberto e 1 de Rubén Matos. Así o Cuntis rompe a racha de derrotas e comeza unha nova con xa 2 victorias seguidas.

lunes, 12 de noviembre de 2012

C.D. PUENTEARNELAS vs ATL. CUNTIS

Na xornada 7 produciuse o encontro entre o Puentearnelas e o Cuntis. O partido gañouno o Cuntis 2-3. Os dous goles do equipo rival producíronse despois da sustitución de Esteban (C) e de Cristian Suárez, os dous posicionados no mediocampo. Este é o primeiro partido que gana o Cuntis esta temporada, despois de unha moi mala racha as últimas 6 xornadas. Con estes 3 puntos o Cuntis conséguese posicionar na 14 posición.

sábado, 25 de agosto de 2012

CALLOBRE vs ATL.CUNTIS

Hoxe xogouse o primeiro partido da PRETEMPORADA, no que o resultado foi un axustado 2-2. Para o Cuntis, os goles foron feitos por Rubén, un na primeira e outro na segunda parte. Bueno, entrenamos o Luns, a prepararse!!!

viernes, 24 de agosto de 2012

Primeiro Partido Pretemporada

Mañán ás 9:30 todos no Moncho para salir ao primeiro partido de pretemporada, contra o CALLOBRE. O partido será sobre as 10:15 máis ou menos, e hai que salir a gañar. Como aínda non xogamos ningún partido todos xuntos, será un plus de dificultade, ademáis da falta de Daniel Monreal, que estará fóra.

martes, 14 de agosto de 2012

Adestramentos

Onte tivo lugar o PRIMEIRO adestramento no Campo das Canteiras, e hoxe, Martes 14, tivo lugar o Test de Cooper, que por min NON o faciamos... Bueno, o Luns toca o próximo adestramento, con só un día de descanso despois das festas.

miércoles, 8 de agosto de 2012

Pretemporada

Xa solo faltan 4 días e 23 horas para o comezo da pretemporada, e este ano coma entrenador, Iván, que ESPEREMOS que non nos faga correr moito... A ver se repetimos o do ano pasado e podemos conseguir chegar ás primeiras posicións da táboa.

miércoles, 1 de agosto de 2012

Campo de Fútbol de "A Ran"

O progreso das obras no campo de "A Ran" xa resulta moi claro a simple vista, xa que, salvo no campo de "Fútbol 7", o resto do campo sufriu diversas modificacións (entrada e vestiarios derruídos, a cantina a medias...). O progreso xa vai moi avanzado. O campo estímase que estará acabado despois da temporada, xa que diversas categorías deberán ir a entrenar fóra do seu propio campo.

lunes, 30 de julio de 2012

Presentación

Ola, chámome Aarón e vou a comezar cun blog no que se falará de distintas cousas do Atl. Cuntis (Cadetes):
  1. Inicio das obras do novo Campo de "A Ran"
  2. Comezo da pretemporada
  3. Novas do club
  4. Resultados dos encontros e goleadores
  5. Clasificación do clube
  6. Datas dos encontros