domingo, 12 de mayo de 2013

Final da temporada 2012-2013

Ao final, a temporada 2012-2013 foi unha decepción para o Cuntis, xa que aparte de quedar últimos obtivo soamente 10 puntos, a 2 do seu máis cercano rival. Esperemos que a seguinte temporada sexa máis proveitosa e con meiores resultados.

URL -----> Clasificación final do Cuntis

domingo, 3 de febrero de 2013

ATL. CUNTIS vs POIO

Ao pouco de comezar o partido o Poio meteu o primeiro gol, despois dun despiste da defensa. Continuárono con dous goles máis. Na segunda parte Rubén Matos meteu un gol, animando o xogo do Cuntis. Logo, o Poio meteu o cuarto, cerrando o marcador. Nos intres finais do partido, comezou unha berra na grada, que acabou en nada. Outra derrota que fai cada vez máis claro o descenso.

viernes, 1 de febrero de 2013

Terceiro partido da 2ª volta

O terceiro partido desta volta será contra o E.D. Poio, que vai de décimo na clasificatoria con 22 puntos. O partido será en Godos, ás 11 da mañan. Os xogadores deberán estar no campo ás 10.

domingo, 27 de enero de 2013

CÉLTIGA CF vs ATL. CUNTIS

Xa só comezar, o Céltiga anotou un gol, sorprendendo ao Cuntis en defensa. Antes de finalizar a primeira parte, estes xa tiñan metidos 3 goles, deixando case sen opcións ó Cuntis. A primeira parte foi algo máis igualada, e nos minutos finais, Rubén Matos conseguiu anotar cun tiro axustado ao pau esquerdo. O partido finalizou 3-1, e o Cuntis ten cada vez máis papeletas para descender.

viernes, 25 de enero de 2013

Segundo partido da 2ª volta

O segundo partido xogarase o domingo día 27 ás 10:30 no campo de "A Bouza". O rival será o Céltiga, que vai de con 25 puntos, 19 de ventaxa con respecto ao Cuntis. Os xogadores deberán estar no Moncho para a saída ás 9:10.

sábado, 19 de enero de 2013

ATL. CUNTIS vs RÁPIDO DE BAHÍA

O partido disputouse hoxe, día 19, ás 12 da mañan. O partido xa comenzou mal cun gol en contra nos primeiros minutos. Pouco despois, Alberto, xogador do Cuntis, meteu un gol de cabeza nunha contra destes. Despois disto, o Bahía meteu outros 3 goles. Chegando ao final, Diego meteu outro gol, seguido co de Esteban, e o resultado cegou a estar 3-4. Nos últimos minutos o Bahía marcou outro gol, quedando o resultado 3-5, outra derrota do Cuntis, que lle fai máis difícil o non descender.

miércoles, 16 de enero de 2013

Primeiro partido da 2ª volta

O primeiro partido que o Atl. Cuntis disputará o Atl. Cuntis na segunda volta será contra o Rápido de Bahía, que vai un posto por riba, a dous puntos. O partido xogarase o sábado 19 de xaneiro ás 12 da mañan. Os xogadores deberán estar no campo ás 11.